Monday 29 de April de 2024

Mañá comeza o asfaltado dos tramos en mal estado da estrada xeral entre Mera e Lorbé


Ante as demandas do Concello, a Xunta de Galicia comezará mañá a mellora do asfaltado da estrada autonómica que une Mera e Lorbé. Os traballos, consistentes na pavimentación de distintos tramos en mal estado, iniciaranse en Mera e avanzarán en dirección Lorbé – Sada.

Os asfaltados comezarán, aproximadamente, á altura do cruce da rúa Doutor Fleming coa rúa do Xabrón. Para evitar complicacións co tráfico, o tramo entre a praza de Miramar e a rúa do Xabrón executarase despois do verán.